Oposiciones a Pinche del SERGAS
¡Apúntate ya!
¡Apúntate ya!
Por definir
TEMARIO (ÚLTIMA CONVOCATORIA 18/06/2015)
Parte común
Tema 1.-A Constitución española: Principios fundamentais, dereitos e deberes fundamentais dos españois. A protección da saúde na Constitución.
Tema 2.-O Estatuto de Autonomía de Galicia. Estrutura e contido. O Parlamento. A Xunta e o seu Presidente. A Administración Pública galega.
Tema 3.-A Lei Xeral de Sanidade: fundamentos e características. Competencias das Administracións públicas en relación coa saúde. Dereitos e deberes dos usuarios do sistema sanitario público.
Tema 4.-O Estatuto Marco do Persoal Estatutario dos servizos de saúde. Clasificación do Persoal Estatutario. Dereitos e deberes. Adquisición e perda da condición de persoal estatutario fixo. Mobilidade do persoal. Xornada de traballo, permisos e licencias. Situacións do persoal estatutario. Réxime disciplinario. Incompatibilidades. Representación, participación e negociación colectiva.
Tema 5.-O persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Provisión e selección de prazas. Réxime retributivo. Xornada de traballo. Permisos e licencias.
Tema 6.-A Lei de saúde de Galicia. O sistema sanitario de Galicia. Competencias sanitarias das administracións públicas de Galicia. O Servizo Galego de Saúde.
Tema 7.-A Atención Primaria da Saúde: concepto e características xerais. A ordenación da Atención Primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección. Asistencia especializada: concepto e características xerais. A ordenación da atención especializada na Comunidade Autónoma de Galicia. Órganos de dirección.
Tema 8.-Saúde Laboral: concepto. Principais riscos nas IISS e medidas de prevención. Principios básicos do Plan Xeral de prevención de riscos laborais do Sergas.
Parte específica
Tema 9.-A cociña hospitalaria: concepto. Condicións estruturais básicas dos locais e as instalacións. Zonas de sucio e de limpo. A cadea alimentaria, principio de marcha adiante, circuítos de traballo. Distribución funcional das cociñas hospitalarias.
Tema 10.-Maquinaria, ferramentas e enxoval nas cociñas de colectividades, descrición uso e limpeza. Novas tecnoloxías na produción e distribución de comidas en colectividades.
Tema 11.-A contaminación dos alimentos. Perigos de transmisión alimentaria, orixes. Prevención, tratamentos e eliminación deles. A contaminación cruzada. Sistemas de conservación dos alimentos.
Tema 12.-Normativa básica nas cociñas de colectividades: Real decreto 202/2000, do 11 de febreiro, Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, e Real decreto 2207/1995, do 28 de decembro. Sistemas de análises de perigos e puntos de control críticos (a.C.) definicións, concepto básico de implantación e desenvolvemento.
Tema 13.-Control de materias primas e produtos preparados. O almacenamento: almacenamento de produtos perecedoiros e non perecedoiros. Almacenamento de produtos conxelados. Prácticas correctas de hixiene.
Tema 14.-O acondicionamento das materias primas: carnes, peixes, hortalizas, froitas. Limpeza, cortes e preelaboración. A desconxelación. Actividades de limpo e sucio. Termos básicos de cociña. Practicas correctas de hixiene.
Tema 15.-O empratado: tipos, dotación para a súa realización. Normas hixiénicas. A distribución das comidas en planta: sistemas empregados. A recolleita de bandexas.
Tema 16.-A limpeza e desinfección: bandexas, cubertos e vaixela, superficies de cociña, maquinaria e enxoval de cociña. Produtos de limpeza e maquinarias utilizados. Prácticas correctas de hixiene.
Tema 17.-Os alimentos: carnes, aves, peixes, produtos lácteos, hortalizas, ovos, legumes secos, froitas, cereais, graxas, sobremesas de cociña. Características máis importantes. Conceptos básicos de nutrición, dietas terapéuticas máis utilizadas nun centro hospitalario.