Preparación de oposiciones de Subinspectores de Consumo | Xunda de Galicia

Subinspectores de Consumo

     

    ¡¡CONVOCADAS!!

    3 PLAZAS DE SUBINSPECTOR DE CONSUMO

       XUNTA DE GALICIA 

    (DOG 07-04-2017)

    Instancias hasta 27-04-2017

    - Acceso libre...............2 plazas
    -Promoción interna.......1 plazas

     

    ¡ YA ESTAMOS PREPARANDO ! 

     

    Material para la preparación:

    Los temas, desarrollados en un promedio de 22 folios escritos por una cara, se irán enviando por correo electrónico a los opositores, con antelación al día en que se imparta la clase. Acompañará al tema una batería de tests,con un promedio de 30 preguntas tipo tests y su correspondiente hoja de respuestas.

    Se enviará, asimismo, la legislación correspondiente a los temas. 

     

    Profesorado:

    El profesorado, con experiencia en la preparación de anteriores convocatorias, está constituido por Inspectores y Subinspectores de la Xunta,  con amplia experiencia en los temas a tratar.

     

    Exámenes y temario:

    SUBINSPECCIÓN DE CONSUMO

     Convocatoria: DOG 07/04/2017

     
    TITULACIÓN REQUIRIDA: bacharelato, F.P, acceso maiores de 25.
    Permiso de conducir B.
     
    EXERCICIOS:
     
    Primeiro exercicio. Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de oitenta
    (80) preguntas tipo test, máis cinco (5) preguntas de reserva, con catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, das que só unha delas será a correcta, correspondentes ao programa que figura como anexo I desta orde.
    O tribunal procurará que o número de preguntas garde a debida proporción co número de normas e temas que integran o programa.
    O exercicio terá unha duración máxima dunha (1) hora e trinta (30) minutos.
    O exercicio cualificarase de 0 a 25 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de 12,50 puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o número de respostas correctas exixido para acadar esta puntuación mínima, para o cal terá en conta que por cada tres (3) respostas incorrectas se descontará unha correcta.
    A data de realización deste exercicio non será anterior ao 1 de outubro de 2017.
     
    Segundo exercicio. As persoas aspirantes deberán realizar por escrito un suposto práctico de desenvolvemento relacionado coas materias correspondentes á parte especial do programa.
    Para o desenvolvemento deste exercicio as persoas aspirantes poderán servirse de textos legais sen comentarios; admitiranse as súas versións consolidadas, aquelas nas cales figuren notas de vixencia e/ou referencias cruzadas a outras normas e os subliñados simples sempre que non inclúan ningunha outra información, comentario doutrinal ou referencia xurisprudencial. Así mesmo, estará expresamente prohibida a utilización de libros de consulta, temarios, informes ou ditames de calquera tipo.
    O exercicio terá unha duración máxima de dúas (2) horas e trinta (30) minutos.
    O exercicio cualificarase de 0 a 15 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de 7,50 puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar esta puntuación mínima. 
     
    Terceiro exercicio. Constará de dúas probas:
    Primeira: tradución dun texto do castelán para o galego proposto polo tribunal.
    Segunda: tradución dun texto do galego para o castelán proposto polo tribunal.
    O exercicio terá unha duración máxima dunha (1) hora.
    O exercicio valorarase como apto ou non apto e para superalo será necesario obter o resultado de apto. Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar o resultado de apto.
     
     
    Estarán exentos de realizar este exercicio os/as aspirantes que acrediten que dentro do prazo sinalado para presentar a solicitude para participar no proceso selectivo posuían o Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado.
     
    PARTE COMÚN:

    TEMARIO COMÚN:

     Parte xeral
    1. A Constitución Española de 1978: Estrutura e contido. Os valores superiores. Os principios constitucionais.  Dereitos fundamentais e liberdades públicas, a súa garantía e a suspensión.
    2. A organización territorial do Estado. Organización constitucional do sistema autonómico. Distribución constitucional de competencias entre o Estado e as Comunidades Autónomas. A Administración Local.
    3. O Estatuto de Autonomía de Galicia: Estrutura e contido. As competencias da Comunidade Autónoma de Galicia: exclusivas, concorrentes e de execución da lexislación do Estado.
    4. A organización institucional da Comunidade Autónoma de Galicia. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente. A Administración de Xustiza en Galicia.
    5. A Administración autonómica. A organización da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. Entidades instrumentais do Sector Público Autonómico.
    6. O ordenamento xurídico da Unión europea. Eficacia directa e primacía do dereito comunitario. Dereito orixinario e derivado. As institucións da Unión Europea. Composición e atribucións.  As competencias da Unión Europea.
    7. O dereito administrativo. As fontes do dereito administrativo. O acto administrativo. Revisión dos actos administrativos. Recursos contra os actos administrativos.  O procedemento administrativo común: fases.
    8. Dereitos dos cidadáns nas súas relacións coas Administracións Públicas. A información e a atención ao cidadán na Comunidade Autónoma de Galicia. A transparencia na actividade administrativa
    9. A responsabilidade patrimonial da Administración. O réxime xurídico no sistema español. Responsabilidade de autoridades e funcionarios. Responsabilidade das administracións públicas por actos dos seus concesionarios e contratistas.
    10. Os contratos do sector público. Obxecto e ámbito de aplicación. Elementos. Clases. Preparación, adxudicación e formalización. Execución e modificación.  Extinción.
    11. O persoal ao servizo da comunidade autónoma de Galicia: clases e normativa de aplicación. Adquisición e perda da relación de servizo. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos. Situacións administrativas.
    12. A protección de datos de carácter persoal. Normativa reguladora. Principios informadores e dereitos das persoas en materia de protección de datos. Ficheiros de titularidade  pública. Réxime sancionador.
    13. Políticas de Igualdade de Xénero. Disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade: Disposicións xerais. A transversalidade. A erradicación do uso sexista da linguaxe.  As condicións de emprego en igualdade na Administración pública galega. Medidas de conciliación e corresponsabilidade no emprego público. Políticas contra a violencia de xénero. A Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero: medidas de sensibilización, prevención e detección. Dereitos das mulleres vítimas da violencia de xénero.
     

     

    14.Discapacidade. A definición de discapacidade segundo a organización Mundial da Saúde. O Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: consideración de persoa con discapacidade. Dereitos. Especial consideración do dereito á vida independente de de participación en asuntos públicos. Igualdade de oportunidades e non discriminación. 

     

     

     

     

     

     

    PARTE ESPECÍFICA:

    Tema 1. A Unión Europea e a defensa dos dereitos e intereses das persoas consumidoras e usuarias. A protección dos consumidores e usuarios na Constitución española.

    Tema 2. Competencias da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de consumo. Órganos competentes. O Instituto Galego de Consumo. Estrutura e funcións. Competencias das entidades locais en materia de consumo. Funcións das oficinas municipais de información ao consumidor. Coordinación e colaboración entre as administracións públicas en materia de consumo.

    Tema 3. Órganos de representación, consulta e participación da cidadanía en materia de consumo. As asociación de consumidores. O Consello Galego de Consumidores e Usuarios.

    Tema 4. Real decreto lexislativo 1/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral para a defensa dos consumidores e usuarios e outras leis complementarias.

    Tema 5. Lei 2/2012, do 26 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias.

    Tema 6. As vías de reclamación e resolución de conflitos en materia de consumo. A mediación. O sistema arbitral de consumo. Real decreto 231/2008, do 15 de febreiro, polo que se regula o sistema arbitral de consumo.

    Tema 7. O dereito administrativo sancionador en materia de consumo. Principios da potestade sancionadora e do procedemento sancionador. Órganos competentes. Réxime legal das infraccións e sancións en materia de consumo.

    Tema 8. A inspección de consumo. Funcións, facultades, obrigas e responsabilidade da inspección. Obrigas do administrado. Tipos de actuacións inspectoras. Colaboración con outras administracións e autoridades. Medidas cautelares.

    Tema 9. Procedemento xeral de inspección. Documentos de inspección: a acta de inspección, a dilixencia. Documentación achegada á acta. Valor probatorio das actuacións inspectoras. Requisitos e limitacións do valor probatorio das actas de inspección.

    Tema 10. A toma de mostras. Tipos de toma de mostras. Técnicas de mostraxe. Outras actuacións probatorias e periciais.

    Tema 11. Vendas especiais. Contratos celebrados fóra do establecemento mercantil. Vendas a distancia. Venda automática. O comercio electrónico. A contratación electrónica e telefónica con condicións xerais.

    Tema 12. As condicións xerais da contratación.

    Tema 13. Normativa europea, estatal e galega sobre seguridade xeral de produtos.

    Tema 14. As alertas de produtos perigosos en consumo. Concepto e funcionamento das redes de alerta: RAPEX e SIRI.

    Tema 15. Normativa de publicidade. Regulación da publicidade nas normas de protección aos consumidores. A indicación dos prezos dos bens e servizos ofertados aos consumidores.

    Tema 16. Etiquetaxe, presentación e publicidade dos produtos alimenticios, industriais, téxtiles e xoguetes.

    Tema 17. Os servizos bancarios: información, publicidade e sistema de reclamacións.

    Tema 18. Talleres de reparación de automóbiles. Dereito á información dos consumidores na compravenda de vehículos novos e de segunda man.

    Tema 19. Servizos de reparación de aparellos de uso doméstico. A prestación de servizos a domicilio. Tinturarías e servizos de limpeza de produtos téxtiles, coiros, peles e sintéticos.

     

    Nuestros métodos

    • PRESENCIAL
      Clases impartidas por funcionarios y profesionales altamente cualificados.
    • A DISTANCIA
      Sigue las clases en vivo y en directo como si estuvieses en el aula.
    • SEMIPRESENCIAL
      Significa que puedes asistir en presencia o seguir las clases a distancia indistintamente.
    • ELIJE TU MÉTODO

    INSCRÍBETE AHORA

    No esperes más, descarga la hoja de inscripción y empieza a prepararte cuanto antes.

    DESCARGAR

    AVISO DE PLAZAS

    Déjanos tus datos y te avisamos cuando salgan las oposiciones que te interesan.

    AVISARME

    TECAD OPOSICIONES S.L CIF: B70494463

    Academia especializada en oposiciones desde 1986. Clases de apoyo y preparaciones especiales.

    POLÍTICA DE PRIVACIDAD - COOKIES - AVISO LEGALDesarrolla iLatina